martes, 26 de mayo de 2009

¿Qué pasaría co mundo se os humanos desaparecesen?

Propoñémosvos unha nova actividade que consiste nunha dinámica grupal destinada ás casas de xuventude e outros clubes xuveniles.
Esta actividade inspírase nun famoso documental do History Channel("Life after people") e o obxectivo principal é reflexionar sobre tódalas actuacións do ser humano no planeta e as consecuencias que estas conlevaron, dunha forma entretida.
Deixámosvos o guión aquí.

Guía de aforro

Esta vez, pensando na vida cotiá e nos gastos que esta conleva, decidimos recopilar unha serie de medidas para aforrar enerxía (e polo tanto diñeiro ó fin e ó cabo) englobados nunha sinxela "Guía de aforro".

Pensamos na guía, como un recurso esquemático e breve, que como educadores sociais podríamos utilizar, por exemplo, nunha asociación de veciños ou nunha asociación ecolóxica... xa que nestes ámbitos concéntranse multitude de persoas xa adultas que ó mellor si ven a necesidade e preocúpanse por reducir gastos.

lunes, 25 de mayo de 2009

Arte dende o lixo

Ate agora, a meirande parte das manualidades ían dirixidas ós nen@s e moz@s, xa que no noso futuro laboral deberemos ter unha importante batería de recursos para traballar con este colectivo.

Pero agora... falemos de adolescentes ou adultos de tódalas idades. A seguinte presentación Slideshare que atopamos contén, baixo a nosa humilde opinión, interesantes manualidades que se poden realizar con xente maior. Fixádevos na cara feita con chapas, increíble sen dúbida!

domingo, 24 de mayo de 2009

Accesorios aburridos? ¡ACABOUSE!

Despois duns días de descanso, volvemos con enerxías renovadas e máis ganas se cabe de seguir co Obradoiro Créame!

Nesta ocasión, traballando nos nosos "escritorios" dímonos conta que se trata dun espacio moitas veces aburrido e serio... de aí que pensamos... ¿Porque non darlle máis vida ó escritorio con sinxelos pero coloridos accesorios?? Iso sí, non quixemos facer calquera trapallada. Puxémonos a pensar como crear un accesorio, a par de colorido e innovar, que fose con material reciclado e que fose práctico para gardar os bolígrafos, papeis...

Deixámosvos aquí a nosa nova proposta para o Obradoiro Créame. Agardamos que vos guste.


martes, 19 de mayo de 2009

Popurrí de manualidades

Como as nosas ideas son limitadas, decidimos descansar a nosa mente un par de días en canto á creación de manualidades e buscamos algunha presentación existente que fose interesante. Nesta búsqueda atopamos en Slideshare unha moi apropiada para integrar no noso Obradoiro Créame.


Aquí vola deixamos, unha presentación que recolle "Manualidades con material de desecho".



A quen lle interese, deixámosvos aquí as fichas das manualidades que saen na presentación anterior:

¿Qué facemos?

Aquí vos deixamos o guión para o desenrolo da actividade que propoñemos para este mini-corto.



¿Qué opinades ó respecto?

lunes, 18 de mayo de 2009

Conducción eficiente

Nun principio pensamos ca charla se ía centrar en explicarnos como conducir de forma eficiente, pero o certo é que o encargado da charla comezou cunha introducción moi acertada.

Sen dúbida, esta charla foi unha das que máis nos fixo remover a nosa conciencia e darnos conta da multitude de detalles que se nos pasan, día a día, e que son sinxelos de cambiar. Como ben dixo, Galicia, a nosa maior herdanza medioambiental, non se atopa ben "de saúde", mais a culpa é toda nosa e debemos cambiar.

A continuación, deixámosvos aquí as nosas reflexións. A verdade é que nos deu moito que pensar ós membros de Alternativa Gaia e gustaríanos compartilo con todos vos.

domingo, 17 de mayo de 2009

Os bolos

Esta vez, para o Obradoiro Créame decidimos realizar unha manualidade que consiste nun xogo coñecido por todo neno e maior: os bolos! Pode ser un xogo tanto individual como colectivo, de aí as gañas de crear esta manualidade para poder xogar en grupo tras realizala.


Agardamos que vos guste. Trátase dunha manualidade sinxela e rápida de realizar, ademais de ser un xogo divertido!

sábado, 16 de mayo de 2009

"El día de mañana"

Como xa sabemos, a educación ambiental pode tratarse dunha forma transversal. Por isto propoñemos a seguinte actividade, que pode levarse a cabo tanto por Educadores ambientais no ámbito non formal como por calquera profesor/a dalgunha disciplina ou ámbito formal.

Esta actividade consiste na visualización da película "El día de Mañana", que se levará a cabo en dúas sesións, seguindo o seguinte guión, e que vai destinada a persoas maiores de 15 anos.

Nesta película trátase dunha forma un tanto "catastrófica" as posibles consecuencias do cambio climático para o noso planeta, incluíndo a historia dun pai e o seu fillo que se ven implicados nos sucesos dende o principio...

O son da choiva

O certo é que esta semana o tempo influiunos á hora de realizar manualidades, e nun momento de caos creativo pensamos... podremos recrear o son da choiva? Xa sabemos que non somos expertos pero decidimos poñernos mans a obra. Entre unha cousa e outra, atopamos unha manualidade sinxela de realizar... e que se asemella bastante o son orixinal que buscábamos.

Se tendes curiosidade entrade neste link e mirádea, é moi rápida de facer, animádevos!! O mellor non se vos asemella bastante á choiva, mais... cremos que se trata dun son relaxante e querémolo compartir con todos vos.

martes, 12 de mayo de 2009

Videoxogos



Hola!bueno como xa vos propuxemos diversas actividades como manualidades, actividades musicais, actividades referentes a un vídeo e demáis, agora chega a hora...dos videoxogos!!



Os seguintes son uns videoxogos de carácter ambiental polos cales, á vez que nos divertimos, aprenderemos tamén cales son algúns dos animais que están en perigo de extinción, a importancia da reciclaxe e a de coidar o medio ambiente. É-hora-de-di-ver-tir-se

lunes, 11 de mayo de 2009

Música PRO medioambiente!

Xa era hora de que propuxéramos unha actividade basada nun recurso musical. Trátase dunha canción da cantante Bebe denominada "Ska de la Tierra".



Seguramente, nalgunha ocasión tivemos a posibilidade de percibir como resulta complicado traballar con adolescentes, sobre todo en temas serios como pode ser o coidado do medioambiente. De aí que decidíramos introducir un recurso, a música, moi atractivo para os xóvenes. Ademais de que facilita o traballo con eles pola súa maior participacion na actividade ó chamárlles a atención. Neste enlace poderedes ler a letra da canción e maila actividade que propoñemos.

Esperamos que vos guste!!

sábado, 9 de mayo de 2009

As pezas do puzzle

Esta vez, a nova manualidade creada para o obradoiro CRÉAME foi ideada co fin de ir dirixida a un colectivo en concreto: a terceira idade. Pero isto porque?

Como educadores sociais, as persoas maiores son un colectivo co cal podemos traballar e intervir. Xa aprendemos que como colectivo ten unhas necesidades especiais, e como bos profesionais do noso ámbito deberiamos elaborar actividades que respondesen a esas expectativas.

Con esta actividade pretendemos traballar coas persoas maiores:

A motricidade fina
O tema da reciclaxe
A memoria
O aprender xogando

Por este motivo, creamos esta manualidade chamada: "As pezas do puzzle"



miércoles, 6 de mayo de 2009

O lapiceiro express

Este bo tempo inspira a calquera á hora de traballar, e como non, encántanos poder crear os nosos propios diseños con material reciclado, e deixarvos a vosa disposición para utilizar coma un recurso didáctico máis.
De verdade, non estamos tolos, facede a proba: en vez de tirar unha botella de plástico, unha lata, uns palillos... gardádeos!!Sobre todo poñédelle imaxinación e pensade en que o poderíades convertir?? que se vos pode ocurrir crear??
Por agora deixámosvos coa presentación da seguinte manualidade: Un lapiceiro express

Sen dúbida unha manualidade doada e moi rápida de realizar.

Curso de Educación ambiental a distancia

Outra alternativa na nosa formación como Educadores ambientais son os cursos de formación a distancia. Por iso,parécenos interesante informarvos do Curso de Educador ambiental do Instituto Erudite, declarado curso de interés pola Xunta de Galicia(Consellería de Sanidade).Este curso é de 300 horas, e alberga un total de 50 plazas. Para acceder a toda a información relativa ó curso pincha aquí.

martes, 5 de mayo de 2009

A abella - marioneta

Como xa vos comentamos na entrada anterior, acabamos de poñer en marcha o Obradoiro Créame. Esta vez deixámosvos unha manualidade algo máis larga e detallada, en concreto "A Abella"!!

Sen dúbida, para os rapaces e as rapaces trátase dun xeito lúdico para aprender a reciclar, e de paso, ter a posibilidade de elaborar un xoguete eles mesmos, coas súas mans. Non o dubidedes, trátase dun recurso moi útil á hora de realizar algún taller con cativos.

Nuns días colgarémolas demáis manualidades, ate entón, agardamos que vos guste o noso proxecto de abella!!

VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental(Xuño 09)

Seguímosvos informando sobre posibles alternativas para complementar a nosa formación en Educación ambiental (que como dixemos anteriormente consideramos moi importante). Os días 25, 26 e 27 de Xuño levaranse a cabo as VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental en Santiago de Compostela, que contan co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente . A inscrición custa 20€ e acreditan 20h de formación, ademáis son unhas xornadas interactivas con actividades moi entretidas e interesantes. Animámosvos a que vos informedes pinchando aquí.

domingo, 3 de mayo de 2009

Obradoiro CRÉAME!!

En Alternativa Gaia, estamos felices de podervos ensinar por fin o noso proxecto:

Obradoiro CRÉAME!

Trátase dunha serie de manualidades explicadas paso a paso mediante PowerPoint. En todas elas, detallamos o material necesario e mailos pasos a seguir para o desarrollo da actividade. Creamos este obradoiro co fin de animar ós monitores (é dicir todos nós) a acudir ós materiais do lixo para realizar manualidades.

Todo consiste en reutilizar!! SI, SI REUTILIZAR: botellas de plástico, rollos de papel do baño, palillos, folios, cartón, latas de bebida... e engadirlles un chisco de IMAXINACIÓN.


Bueno, deixámosvos coa nosa 1º manualidade: O portavelas

sábado, 2 de mayo de 2009

A moda da roupa ecolóxica

  • Que se entende por moda ecolóxica?
  • Cal é a diferencia entre "ecolóxica" e "natural"?
  • Existen marcas de roupa exclusivamente ecolóxica?
  • Se é así, onde a podo mercar?...
Todas estas incógnitas teñen resposta. Os membros de Alternativa Gaia, co pequeno documento que podedes atopar no enlace anterior, queremos informárvos acerca do último grito dentro da "vertente ecolóxica": A moda!

Para traballar esta temática con nenos ideamos e atopamos unhas pequenas manualidades lúdicas para que aprendan a crear os seus propios modelos. Se tendes calquera dúbida, ou idea que nos queirades comentar animádevos a deixarnos unhas palabras, contestarémolas con moito gusto.

miércoles, 29 de abril de 2009

Visita á Casa da Lagoa de Antela

O pasado marte 28 realizamos unha saída ao concello de Sandias, onde fomos visitar a Casa da Lagoa de Antela e a dita Lagoa, que está en procesos de recuperación. A continuación, presentámosvos unhas "memorias fotográficas" sobre dita visita. Esperamos que vos guste, e dende aquí, animamos a todas as persoas a visitar este lugar e coñecer a súa historia.

aquí deixamos tamén as nosas reflexións e comentarios sobre a visita.

martes, 28 de abril de 2009

Ciclo Seminarios Ambientais (Maio 2009)

Un recurso máis para o noso desenvolvemento como educadores ambientais é a nosa formación. Por iso parécenos interesante informarvos sobre o "Ciclo Seminarios Ambientais", organizado pola SYME, que se levará a cabo durante o mes de Maio no edificio politécnico da Facultade de Ciencias. Animámosvos a participar, xa que a inscrición é gratuita e validable con un crédito de libre elección para todos os alumnos da Universidade de Vigo, ademáis de ser puntuable para oposicións de educación e medio ambiente. Para máis información pincha aquí.

martes, 21 de abril de 2009

Medidas de Aforro para PEMES

Con todo o que se escoita falar sobre "tecnoloxía verde" e "iniciativas verdes" dos proveedores é fácil quedarse coa idea de que un negocio corriente non está a facer o suficiente para aforrar nos costos de enerxía. Unha enquisa recente de investigación de KRC, encargada por Microsoft, atopou que, en casi o 70% das 250 pequenas empresas, as prácticas favorables co medio ambiente eran importantes para o seu negocio.

Dado que o alumbrado eficiente pode axudar a aforrarlles moito diñeiro a unha empresa, (ademais de favorecer o aforro de enerxía a nivel global) como educadores ambientais vamos explorar algúns métodos que todas as PEMES poden implementar.

martes, 14 de abril de 2009

Charla sobre Contaminación acústica


Aquí deixámosvos as nosas reflexións sobre a Charla que nos deu Juan Carlos acerca da "Contaminación acústica", o pasado Luns 30 de Marzo.

lunes, 30 de marzo de 2009

Manual básico de linguaxe xurídico - ambiental

Hoxe en día é máis que evidente que existen moitos e variados problemas relacionados co medio ambiente. Quizá no noso barrio ou pobo se leven a cabo accións que poden supoñer a corto, medio ou largo plazo, un efecto nocivo no medio ambiente. Se nós somos conscientes de que este dano se está a producir por outras empresas ou persoas ¿que podemos facer ao respecto?.Podemos denunciar aquelas actividades nocivas para o medio ambiente.O problema é que a gran maioría dos cidadáns descoñece os instrumentos legais e as actuacións que pode levar a cabo para elaborar unha denuncia de agresión ambiental.

Por isto, cremos necesario aportar un recurso, que nos sirva coma introducción básica á linguaxe xurídico-ambiental, e que sirva para orientar e informar ao cidadán sobre esta problemática. O recurso que vos ofrecemos é “Un manual práctico”, Instrumentos legais para a defensa do medio ambiente(de Amigos da terra).


Fuente: http://www.sgea.org/documentos_sgea.php?&p=2&t=Informes,%20documentos%20oficiais...

domingo, 29 de marzo de 2009

"The Story of Stuff" [a pegada do consumismo]

Como consumidores non sabemos nada da pegada que deixa no planeta o noso consumo dun producto, de aí que propoñamos a visualización do vídeo “The Story of Stuff”, e unha posible actividade posterior para reflexionar sobre o tratado no vídeo.






Fuente: http://video.google.es/videoplay?docid=-5645724531418649230

domingo, 22 de marzo de 2009

Charla sobre a Auga

Trala "Charla sobre a auga" o pasado luns 16 de Marzo, impartida por Noelia, traballadora do Concello, subímolas nosas reflexións acerca dos contidos abordados.



martes, 17 de marzo de 2009

Visita á Aula da Natureza

As reflexións realizadas tras a visita o pasado luns 2 de Marzo a Aula da Natureza de Oira, pódense ver pinchando aquí.


Actividade: Noticia Medioambiental

Amosámosvos a nosa análise e reflexión da noticia de "Recursos para la educación ambiental en Cantabria".