lunes, 18 de mayo de 2009

Conducción eficiente

Nun principio pensamos ca charla se ía centrar en explicarnos como conducir de forma eficiente, pero o certo é que o encargado da charla comezou cunha introducción moi acertada.

Sen dúbida, esta charla foi unha das que máis nos fixo remover a nosa conciencia e darnos conta da multitude de detalles que se nos pasan, día a día, e que son sinxelos de cambiar. Como ben dixo, Galicia, a nosa maior herdanza medioambiental, non se atopa ben "de saúde", mais a culpa é toda nosa e debemos cambiar.

A continuación, deixámosvos aquí as nosas reflexións. A verdade é que nos deu moito que pensar ós membros de Alternativa Gaia e gustaríanos compartilo con todos vos.

4 comentarios:

  1. A nos a verdade é que tamén nos deu moito que pensar.

    Parecenos moi interesante poñer en prácticas os coñecementos e consellos que nos deu. A ver si así conseguimos algo!

    Un saúdo e parabéns polo blog!

    ResponderEliminar
  2. O certo é que sí, o tal sería poñer en práctica o que nos planteou Raúl. Mais sabemos que perfectos non somos e de aquí a unha semana xa esquecemos algunhas historias que nos contou.

    Pero... con que cada un de nós decida trocar unha acción negativa que facemos a diario, xa melloramos. E isa acción positiva afecta tanto a nós de forma individual pero tamén ó resto da sociedade e do medioambiente.


    Polo tanto... A RECICLAR e CONDUCIR MELLOR, que non costa tanto!!!

    Graciñas polos parabéns, un aperta!!

    ResponderEliminar
  3. Hola!!
    Creemos que ó escoitar "conducción eficiente", todos nós, pensamos que a charla trataría sobre formas de conducir que conlevasen un "aforro ambiental" pero o certo, é que a conducción eficiente, non só favorece ó medio ambiente, senón que nos favorece a nós tamén e conleva unha maior seguridade para todos.

    ResponderEliminar
  4. O certo é que sí! Tanto despois da charla de Raúl como do análise das fotocopias que fixemos en clase, creo que nos quedou a todos claro de que:

    "Conducción eficiente" é bo para o medioambiente e para nós! Todos son beneficios, polo tanto...

    A ACTUAR XA!!

    gracias polo comentario, un saúdo!!

    ResponderEliminar