sábado, 9 de mayo de 2009

As pezas do puzzle

Esta vez, a nova manualidade creada para o obradoiro CRÉAME foi ideada co fin de ir dirixida a un colectivo en concreto: a terceira idade. Pero isto porque?

Como educadores sociais, as persoas maiores son un colectivo co cal podemos traballar e intervir. Xa aprendemos que como colectivo ten unhas necesidades especiais, e como bos profesionais do noso ámbito deberiamos elaborar actividades que respondesen a esas expectativas.

Con esta actividade pretendemos traballar coas persoas maiores:

A motricidade fina
O tema da reciclaxe
A memoria
O aprender xogando

Por este motivo, creamos esta manualidade chamada: "As pezas do puzzle"



2 comentarios:

  1. Paréceme unha idea xenial o feito de estimular ditas facultades anteriormente no colectivo de maiores dende o eido da educación ambiental; saíndo do común.
    É un incentivo innovador e que persoalmente me gusta moito!

    creádelle, creádelle!!! :)

    ResponderEliminar
  2. Saíndo do común?? Iso intentamos!

    Esqueceunos mencionar de que esta actividade vai dirixida a un sector concreto da 3º idade, persoas que xa mostran importantes dificultades motrices. Temos claro de que para os maiores en xeral esta actividade é banal e moi sinxela.

    Graciñas polo comentario ticanoclima!

    Crearemos pois, crearemos!!

    ResponderEliminar