sábado, 9 de mayo de 2009

As pezas do puzzle

Esta vez, a nova manualidade creada para o obradoiro CRÉAME foi ideada co fin de ir dirixida a un colectivo en concreto: a terceira idade. Pero isto porque?

Como educadores sociais, as persoas maiores son un colectivo co cal podemos traballar e intervir. Xa aprendemos que como colectivo ten unhas necesidades especiais, e como bos profesionais do noso ámbito deberiamos elaborar actividades que respondesen a esas expectativas.

Con esta actividade pretendemos traballar coas persoas maiores:

A motricidade fina
O tema da reciclaxe
A memoria
O aprender xogando

Por este motivo, creamos esta manualidade chamada: "As pezas do puzzle"



miércoles, 6 de mayo de 2009

O lapiceiro express

Este bo tempo inspira a calquera á hora de traballar, e como non, encántanos poder crear os nosos propios diseños con material reciclado, e deixarvos a vosa disposición para utilizar coma un recurso didáctico máis.
De verdade, non estamos tolos, facede a proba: en vez de tirar unha botella de plástico, unha lata, uns palillos... gardádeos!!Sobre todo poñédelle imaxinación e pensade en que o poderíades convertir?? que se vos pode ocurrir crear??
Por agora deixámosvos coa presentación da seguinte manualidade: Un lapiceiro express

Sen dúbida unha manualidade doada e moi rápida de realizar.

Curso de Educación ambiental a distancia

Outra alternativa na nosa formación como Educadores ambientais son os cursos de formación a distancia. Por iso,parécenos interesante informarvos do Curso de Educador ambiental do Instituto Erudite, declarado curso de interés pola Xunta de Galicia(Consellería de Sanidade).Este curso é de 300 horas, e alberga un total de 50 plazas. Para acceder a toda a información relativa ó curso pincha aquí.

martes, 5 de mayo de 2009

A abella - marioneta

Como xa vos comentamos na entrada anterior, acabamos de poñer en marcha o Obradoiro Créame. Esta vez deixámosvos unha manualidade algo máis larga e detallada, en concreto "A Abella"!!

Sen dúbida, para os rapaces e as rapaces trátase dun xeito lúdico para aprender a reciclar, e de paso, ter a posibilidade de elaborar un xoguete eles mesmos, coas súas mans. Non o dubidedes, trátase dun recurso moi útil á hora de realizar algún taller con cativos.

Nuns días colgarémolas demáis manualidades, ate entón, agardamos que vos guste o noso proxecto de abella!!

VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental(Xuño 09)

Seguímosvos informando sobre posibles alternativas para complementar a nosa formación en Educación ambiental (que como dixemos anteriormente consideramos moi importante). Os días 25, 26 e 27 de Xuño levaranse a cabo as VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental en Santiago de Compostela, que contan co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente . A inscrición custa 20€ e acreditan 20h de formación, ademáis son unhas xornadas interactivas con actividades moi entretidas e interesantes. Animámosvos a que vos informedes pinchando aquí.

domingo, 3 de mayo de 2009

Obradoiro CRÉAME!!

En Alternativa Gaia, estamos felices de podervos ensinar por fin o noso proxecto:

Obradoiro CRÉAME!

Trátase dunha serie de manualidades explicadas paso a paso mediante PowerPoint. En todas elas, detallamos o material necesario e mailos pasos a seguir para o desarrollo da actividade. Creamos este obradoiro co fin de animar ós monitores (é dicir todos nós) a acudir ós materiais do lixo para realizar manualidades.

Todo consiste en reutilizar!! SI, SI REUTILIZAR: botellas de plástico, rollos de papel do baño, palillos, folios, cartón, latas de bebida... e engadirlles un chisco de IMAXINACIÓN.


Bueno, deixámosvos coa nosa 1º manualidade: O portavelas