Propoñémosvos unha nova actividade que consiste nunha dinámica grupal destinada ás casas de xuventude e outros clubes xuveniles. Esta actividade inspírase nun famoso documental do History Channel("Life after people") e o obxectivo principal é reflexionar sobre tódalas actuacións do ser humano no planeta e as consecuencias que estas conlevaron, dunha forma entretida. Deixámosvos o guión aquí.
Como xa sabemos, a educación ambiental pode tratarse dunha forma transversal. Por isto propoñemos a seguinte actividade, que pode levarse a cabo tanto por Educadores ambientais no ámbito non formal como por calquera profesor/a dalgunha disciplina ou ámbito formal.
Esta actividade consiste na visualización da película "El día de Mañana", que se levará a cabo en dúas sesións, seguindo o seguinte guión, e que vai destinada a persoas maiores de 15 anos.
Nesta película trátase dunha forma un tanto "catastrófica" as posibles consecuencias do cambio climático para o noso planeta, incluíndo a historia dun pai e o seu fillo que se ven implicados nos sucesos dende o principio...
Todas estas incógnitas teñen resposta. Os membros de Alternativa Gaia, co pequeno documento que podedes atopar no enlace anterior, queremos informárvos acerca do último grito dentro da "vertente ecolóxica": A moda!
Para traballar esta temática con nenos ideamos e atopamos unhas pequenas manualidades lúdicas para que aprendan a crear os seus propios modelos. Se tendes calquera dúbida, ou idea que nos queirades comentar animádevos a deixarnos unhas palabras, contestarémolas con moito gusto.
Como consumidores non sabemos nada da pegada que deixa no planeta o noso consumo dun producto, de aí que propoñamos a visualización do vídeo “The Story of Stuff”, e unha posible actividade posterior para reflexionar sobre o tratado no vídeo.
¡Boas, somos Alternativa Gaia! Dámosvos a benvida a un novo mundo de posibilidades onde poderedes acceder a unha gran variedade de recursos para utilizar como futuros educadores sociais no ámbito da educación ambiental